A UNED de Lugo celebra tres días de portas abertas

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A UNED de Lugo, dentro do plan de acollida a novos/as estudantes, abre de novo as súas portas a toda a comunidade, os días 23, 27 e 28.
xornadas portas abertas UNED portada
21 Sep 2022

A UNED de Lugo, dentro do plan de acollida a novos/as estudantes, abre de novo as súas portas a toda a comunidade, os días 23, 27 e 28 de setembro ás 17:00 horas.

O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer as súas instalacións, servizos e a oferta formativa.

Co gallo da celebración do 50 aniversario da UNED, o Centro de Lugo obsequiará aos/ás visitantes cun pequeno agasallo.

PRAZO MATRICULACIÓN

Por outra banda, continúa aberto o prazo de matriculación na UNED para o curso 2022-2023. Dous novos graos e dous novos másteres oficiais inclúense na oferta académica, cuxo prazo de matrícula permanece aberto até o 21 de outubro. O proceso de matriculación da UNED realízase totalmente online, e os estudos cúrsanse a través dunha metodoloxía online e semipresencial nova, única en España e líder no seu sector. Tamén continúa aberta a matriculación para o Curso de Acceso á Universidade para Maiores de 25 e 45 anos.

Matricularse nun curso na UNED supón converterse no protagonista da propia aprendizaxe, así como entrar á universidade pública máis grande de España, tanto en número de estudantes como en oferta académica. Tamén supón estudar no maior campus de Europa. Máis de 200.000 estudantes confían cada ano na UNED e gozan dun sistema de aprendizaxe innovadora que combina docencia online e acompañamento presencial soportado por unha plataforma tecnolóxica en constante evolución que permite ofrecer un modelo flexible e adaptado ás necesidades individuais de cada un dos seus alumnos.

En todos os cursos de UNED aplícase unha metodoloxía única de ensino da modalidade de aprendizaxe mixta, creada tras anos de experiencia da UNED. Con esta metodoloxía, os cursos son flexibles e respectuosos co ritmo de vida de cada estudante, pois permiten estudar de forma online desde calquera lugar do mundo, con apoio presencial desde unha rede nacional e internacional de Centros UNED que suman 80 sedes en 75 cidades de 17 países.

Os prazos de matriculación da UNED xa están abertos para os Graos, Graos combinados, Másteres, Microtítulos e o Curso de Acceso á Universidade para Maiores de 25 y 45 anos do novo curso académico. Para realizar o proceso de matrícula, totalmente online, necesitase crear un usuario e contrasinal de acceso ao Campus UNED que se pode obter por primeira vez desde o Sistema de Obtención do Identificador.

Dende esta páxina poderase elixir e matricular nos graos, cursos e másteres da oferta académica da UNED para este curso, que, como se sinalou anteriormente, inclúe dous novos graos e dous novos másteres.

Tamén se poderá iniciar o proceso de Admisión de Graos, que permanecerá aberto até o 21 de outubro, necesario só en caso de traslado de expedientes ou de simultaneidade de estudos dende outras universidades españolas, así como a preinscrición, imprescindible para cursar calquera Máster Universitario oficial ou Programa de Doutoramento.

Dous novos graos e dous novos másteres

Como novidade para o próximo curso incorpóranse dous novos graos á xa extensa oferta académica da UNED, composta por 30 graos e 11 graos combinados.

Un deles, o Grao en Educación Infantil completará a oferta da Facultade de Educación, para preparar a futuros graduados especializados na formación de nenos de 0 a 6 anos. A súa posta en marcha responde a unha das demandas sociais históricas da UNED.

O Grao en Enxeñaría da Enerxía é a segunda novidade deste curso académico, e engádese á ampla oferta da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais. É un grao deseñado para formar aos estudantes para afrontar os retos tecnolóxicos en materia de sustentabilidade, eficiencia global, ética profesional e políticas enerxéticas de aforro e racionalidade na xeración e o uso da enerxía.

Na formación de posgrao inclúese o novo Máster Universitario en Ciencias Políticas: Análise Política, Políticas Públicas e Política Internacional, que especializará aos estudantes nas transformacións sociais e culturais do proceso político, as políticas públicas, e as relacións e políticas internacionais.

Así mesmo, no Centro de Lugo impartirase por primeira vez o Grao en Ciencias Ambientais, de especial interese para o centro, pola súa forte aposta polo medio ambiente, co seu proxecto Lugo Naturalmente.

Finalmente, no próximo curso impartirase tamén por primeira vez, o Máster Universitario en Enxeñaría das Tecnoloxías Educativas, para formar aos estudantes no desenvolvemento de alternativas tecnolóxicas e de formación baseadas en TIC, e tamén en habilidades de dirección e xestión no ámbito da Enxeñaría.

xornadas portas abertas UNED
matricula uned curso
novo grado enxeneria uned lugo

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13581991195679