A UNED celebrou a súa xornada de acollida
O COIE (Centro de Orientación e Emprego) da UNED en Lugo, en colaboración co Centro Asociado á UNED en Lugo, celebrou a Xornada de Acollida do curso académico 2021-2022.
Esta xornada foi presidida pola directora do Centro Asociado, Ana Belén Traseira , a cal deu a benvida aos /ás novos/as estudantes e aproveitou a ocasión para transmitirlles o compromiso do Centro na loita contra o cambio climático e pola consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Participou, tamén, o secretario do Centro, Alejandro Prieto Mazaira.
Na mesma participou a orientadora do Centro, Carmen Gallego, a cal deu a coñecer o Centro de Orientación e Emprego (COIE), explicando que é un servizo de axuda, asesoramento e acompañemento aos/ás estudantes durante a súa traxectoria académica, quedando a mesma a disposición do estudantado para calquera dúbida.
Finalmente o coordinador Tecnolóxico, Xavier Fernández, explicou os diferentes recursos educativos que a UNED proporciona aos/ás estudantes para facilitarlles o seu estudo.
Esta xornada, que se realizou de maneira presencial e se retransmitiu en directo, foi seguida por un total de 44 estudantes. A gravación da mesma será enviada a todos/as os estudantes que se matriculen por primeira vez neste curso académico.