A UNED abre un segundo período de inscrición

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A UNED abre un novo prazo de matrícula ata o 10 de marzo. Este período está habilitado para a matriculación do segundo cuadrimestre.
uned lugo
1 Feb 2022

A UNED abre un novo prazo de matrícula este xoves, día 3, que se prolongará até o 10 de marzo. Este período está habilitado para a matriculación do segundo cuadrimestre do presente curso 2021-2022, ao que poderán acollerse os estudantes que cumpran as condicións específicas en estudos de Grao, Máster, Microtítulos e UNED Sénior.

Igualmente, tamén se poderán matricular os estudantes que queiran realizar a Proba Libre de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos, do 1 de febreiro ao 14 de marzo.

Todos os trámites realízanse unicamente online e segundo especificacións para cada título: en Grao non existe nota de corte e débese tramitar a Admisión unicamente en caso de traslado de expediente ou simultaneidade de estudos desde outras universidades españolas; e para calquera Máster é necesaria a prescrición. A UNED de Lugo ofrece a posibilidade de acompañar ao estudante no proceso de matrícula a través de apoio informático e orientación personalizada.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18543291091919