A UNED abre o prazo de matrícula para o próximo curso
A UNED abriu xa o prazo de admisión para graos correspondente ao curso 2021-2022. O prazo ordinario é do 17 de xuño ao 21 de outubro de 2021.
Os graos aos que se poderá optar son os seguintes:
- Grao en Antropoloxía Social e Cultural
- Grao en Filosofía
- Grao en Xeografía e Historia
- Grao en Historia da Arte
- Ciencias da Saúde
- Grao en Psicoloxía
- Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE)
- Grao en Cc Xurídicas das Administracións Públicas
- Grao en Ciencia Política e da Administración
- Grao en Criminología
- Grao en Dereito
- Grao en Economía
- Grao en Educación Social
- Grao en Pedagoxía
- Grao en Socioloxía
- Grao en Traballo Social
- Grao en Turismo
- Grao en Enxeñería Informática
- Grao en Enxeñería Eléctrica
- Grao en Enxeñería en Electrónica, Industrial e Automática
- Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais
- Grao en Enxeñería en Tecnoloxías da Información
- Grao en Enxeñería Mecánica
As persoas interesadas deberán realizar a admisión, exclusivamente en liña. Poderán solicitala estudantes procedentes de EBAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade), Selectividade, Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 ou de 45 anos, desde outra Universidade española, estudantes que veñan cursando estudos noutra Universidade española e desexen trasladar o seu expediente, para continuar estudos na UNED e estudantes matriculados noutra Universidade española que queiran compaxinar estudos cun grao na UNED.
A matrícula nos estudos de grao realizarase tamén exclusivamente en liña a través da páxina web da UNED do 7 de xullo ao 21 de outubro de 2021.