Monforte súmase ás conmemoracións do Día Mundial contra o Cancro

RibeiraSacraXa
A Torre da Homenaxe de Monforte iluminarase de verde como pesto simbólico
torre-da-homenaxe-monforte-de-lemos
4 Feb 2026

O Concello de Monforte súmase á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro, que se celebra este mércores, 4 de febreiro, cun xesto simbólico de apoio e concienciación. A Torre da Homenaxe iluminarase de cor verde como mostra de solidariedade coas persoas afectadas por esta enfermidade.

A iniciativa enmárcase na campaña deste ano, que se desenvolve baixo o lema “Unidos polo único”, e que pon o foco nas persoas, apostando por unha atención máis humana e por novas formas de avanzar na prevención, na detección precoz e no tratamento do cancro.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destacou que “dende o Concello sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois cancro é unha enfermidade que desgraciadamente está moi estendida na nosa sociedade”, subliñando así a importancia de visibilizar esta realidade e apoiar a quen a padece.

⚙ Configurar cookies
0.078452110290527