A Torre da Homenaxe de Monforte iluminarase con motivo do Día Mundial do VIH

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte iluminará este venres, 1 de decembro, a Torre da Homenaxe de cor vermella con motivo do Día Mundial da SIDA, "un día na que xente de todo o mundo únese para apoiar ás persoas que viven co VIH e lembrar ás que faleceron por enfermidades relacionadas coa sida", explican desde o Goberno local.
torre homenaxe en verde Monforte
1 Dec 2023

O Concello de Monforte iluminará este venres, 1 de decembro, a Torre da Homenaxe de cor vermella con motivo do Día Mundial da SIDA, "un día na que xente de todo o mundo únese para apoiar ás persoas que viven co VIH e lembrar ás que faleceron por enfermidades relacionadas coa sida", explican desde o Goberno local.

Este ano o lema é 'Que lideren as comunidades', que incorpora toda unha lista de desafíos sobre os que o Día Mundial da Sida, a través do organismo Onusida, alertou en todo o mundo.

“O Día Mundial da Sida segue sendo tan importante hoxe como cando empezou, e continúa lembrando á sociedade e aos Gobernos que o VIH non desapareceu”, sinala o alcalde, José Tomé.

“En 2022 contabilízanse no mundo 39 millóns de persoas con VIH, habéndose infectado ese ano 1,3 millóns. Porén, as mortes relacionadas coa Sida reducíronse nun 69% dende o pico alcanzado en 2004, e un 51% dende 2010”, explicou.

Así, di que "a día de hoxe é fundamental aumentar o financiamento para a resposta á Sida. Tamén é esencial que a sociedade no seu conxunto tome conciencia de como o VIH afecta a vida das persoas, para que deste xeito podamos poñer fin ao estigma e a discriminación, e consigamos mellorar a calidade de vida das persoas que viven co VIH", concluíu.

Cartel Sida 2023
0.18412089347839