A Torre da Homenaxe apagarase como xesto simbólico en defensa do medio ambiente

RibeiraSacraXa
Como xesto simbólico e en defensa do medio ambiente, o Concello de Monforte súmase un ano máis á iniciativa A Hora do Planeta este sábado, 23 de marzo, cando as luces dalgúns dos espazos máis emblemáticos da cidade do Cabe quedarán apagadas durante unha hora, dende as 20.
23 Mar 2024

Como xesto simbólico e en defensa do medio ambiente, o Concello de Monforte súmase un ano máis á iniciativa A Hora do Planeta este sábado, 23 de marzo, cando as luces dalgúns dos espazos máis emblemáticos da cidade do Cabe quedarán apagadas durante unha hora, dende as 20.30 e ata as 21.30 horas.

En concreto, estarán sen iluminación a explanada da Compañía e a contorna de San Vicente, incluída a Torre da Homenaxe.

Con este xesto amosan o seu apoio á organización para a defensa da natureza WWF, que este ano baixo o lema Dalle unha hora ó planeta, pretende mobilizar a tódalas cidades do mundo para demostrar o apoio global contra o cambio climático.

O alcalde, José Tomé, destaca ademais que “dende o Concello de Monforte estamos convencidos de que o espírito da Hora do Planeta é máis necesario que nunca para transmitir unha mensaxe de esperanza, unidade e colaboración ante as grandes ameazas que tamén afronta a humanidade, como o cambio climático ou a destrución da natureza”.

Por iso, “o acto simbólico ao que nos imos sumar este sábado, pretende concienciar da necesidade de empregar de forma responsable a enerxía. Cómpre que todos nos impliquemos para loitar contra o cambio climático e poder reducir así o nivel de emisións de CO2”.

O rexedor tamén lanzou unha mensaxe aos monfortinos e monfortinas para que “entendan este xesto e se sumen nos seus fogares a esta iniciativa, que consiste en aforrar enerxía durante unha hora”.

A Hora do Planeta

Esta iniciativa, promovida por la Asociación WWF comezou no 2007 en Sidney, como un xesto simbólico para chamar a atención sobre o problema do cambio climático. Un sinxelo xesto que consiste en apagar as luces de fogares, negocios, edificios e monumentos durante unha hora.

Unha acción que cos anos converteuse nun movemento mundial do que xa forman parte miles de cidades de 188 países, que en pasadas edicións apagaron máis de 17.000 monumentos e edificios emblemáticos.

A Hora do Planeta une a cidadáns, empresas, concellos e institucións para loitar contra o cambio climático e a perda de biodiversidade; trátase da maior iniciativa mundial na defensa do medio ambiente, á que o Concello de Monforte vense sumando dende hai anos.

E sendo acordes coa situación actual de pandemia mundial, dende WWF, ademais do apagado de luces símbolo da Hora do Planeta, propóñense diferentes actividades para realizar desde casa, de modo que todos os que o desexen poidan sumarse coas súas familias ao maior evento virtual de sensibilización ambiental da historia.

0.20088815689087