A terceira xornada das Comunidades 'Montes de Saberes' que tivo lugar en Taboada foi todo un éxito

RibeiraSacraXa
A próxima xornada terá lugar o próximo 4 de xuño na Casa da Cultura de Sober de 18.00 a 20.00 horas
comunidades-aprendizaxe-Taboada
30 Maio 2024

A terceira xornada das Comunidades 'Montes de Saberes' que tivo lugar en Taboada no marco do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e a Fundación MAPFRE, foi todo un éxito de participación.

Asistiron como poñentes Jorge Filgueiras da consultora Foresga, Antonio Mota, técnico da Comunidade de Montes de Tuiriz e Francisco J. Dominguez resineiro e formador.

Compartiron os desafíos e retos que teñen as Comunidades de Montes e como os abordan coa axuda e colaboración de asesorías e consultorías forestais expertas e cada vez máis enfocadas na optimización de recursos.

Debatiuse sobre a necesidade da multifuncionalidade para aportar crecemento económico para a fixación poboacional no territorio e da necesidade de man de obra especializada que poida realizar todas aquelas actividades necesarias tanto para as Comunidades como para os particulares que teñen que ver coa sostibilidade do territorio.

Presentouse a posibilidade de realizar formación de resineiro como opción profesional rural, dado que a resina é un produto moi demandado actualmente e que ten moitas posibilidades de crecemento e desenvolvemento. Combinando esta profesión coas colaboracións puntuais coas Comunidades pódese ofrecer un emprego e emprendemento de calidade para a fixación poboación, tal e como compartiron como caso de éxito na CMVMC de Tuiriz, con U.

A conclusión dos participantes foi moi positiva e manifestouse o desexo de continuar profundizando e indagando sobre as posibilidades de multifuncionalidade que nos ofrece o monte.

A próxima xornada terá lugar o próximo 4 de xuño na Casa da Cultura de Sober de 18.00 a 20.00 horas. Unha vez concluídas as reunións territoriais convocarase unha reunión conxunta con todas as Comunidades de Montes interesadas en activarse e ofrecer un futuro no rural. Estará prevista para a segunda quincena de xuño ou primeira quincena de setembro.

0.16846203804016