A terceira edición da ruta Qui-medo chega este sábado a Quiroga

RibeiraSacraXa
Chega ao concello de Quiroga esta fin de semana a terceira edición da ruta Qui-medo, o sábado 29. Xa está aberto o prazo de inscición
quimedo quieroga portada
25 Out 2022

Un ano máis a festa do terror chega ás rúas de Quiroga esta fin de semana. O concello recreará distintas casas do terror como un psiquiátrico, un matadoiro, un laboratorio zombie ou o propio inferno.

A asociación Qui-Roma, da zona da Ribeira Sacra, en colaboración co concello de Quiroga traballa na organización desta nova edición da ruta de terror Qui-medo na que será a súa terceira edición.

A ruta que se realizará este ano polo casco urbano do municipio de Quiroga contará con máis casas do terror e con máis novidades ca outros anos, para público de tódalas idades. Os participantes, sufrirán moitas sorpresas y terán que visitar varias casas encantadas ao longo de todo o percorrido.

Para poder participar nesta nova edición de Qui-Medo pode realizarse a inscrición de xeito presencial na Casa da Cultura de Quiroga ou chamando ao teléfono 982 435 125. O prezo da inscrición será de 12 euros.

quimedo quieroga
0.15848302841187