A terceira actividade do Outono Xeolóxico no Xeoparque Montañas do Courel será en Ribas de Sil
RibeiraSacraXa
A ruta 'Grandes ríos e rochas singulares na ruta da Cubela', terá lugar o vindeiro 23 de novembro
Ruta da Cubela, Ribas de Sil
14 Nov 2024
A terceira actividade do Outono Xeolóxico do Xeoparque Montañas do Courel, 'Grandes río e rochas singulares na ruta da Cubela', terá lugar o vindeiro 23 de novembro en Ribas de Si.
A actividade sairá ás 10.00 horas da praza do Concello en San Clodio, para comezar un roteiro interpretado de dificultade media cun percorrido de 13 quilómetros e un desnivel positivo de 720 metros, que rematará ás 18.30 horas no punto de saída.
A xornada incluirá unha degustación de produtos típicos de Torneo e unha visita ao seu Centro de interpretación, así como á Igrexa de Torbeo e ao miradoiro de Pena de Ladeiro.