A 'Tarta del Conde de Lemos' recibiu o primeiro premio do Concurso 'A polo mellor doce' de Monforte
Gloria Prada fixo entrega dos premios correspondentes ao concurso de repostería e pastelería “A polo mellor doce”, que o equipo de Goberno de Monforte organizou dentro das actividades do Mercado para a Medieval.
O Concurso consistiu na elaboración de doces relacionados coa repostería ou estéticas medievais, e correu a cargo de diferentes pastelerías, panaderías e confeitarías da cidade, noque o público ao Mercado para a Medieval foi quen, coas súas votacións, determinou os gañadores do mesmo.
Deste xeito, o primeiro premio recaeu en Diseño del sabor coa “Tarta del Conde de Lemos”; o segundo premio foi para a Cafetería pastelería Bakery polo doce “Antojo del Conde de Lemos”; e o terceiro premio acadouno Panadería Estación con “A torre do Rei Arturo”.
Dende o Concello, agradécese a participación e implicación de todas aquelas pastelerías queaportaron os seus doces neste concurso, participación que foi das máis altas dos últimos anos.