A Subida a Chantada constituirá a quinta proba do Campionato de España Montaña 2022
Chantada será o escenario da quinta proba do calendario do Campionato de España de Montaña 2022 que se aprobou na Asamblea Xeral extraordinario da Real Federación Española de Automovilismo.
A subida a Chantada terá lugar os días 23 e 24 de Xullo.
SUBIDA CHANTADA
A Subida a Chantada é unha emblemática proba española. Forma parte do calendario nacional, e conta cunha historia e palmarés inigualables. Dispútase en pleno corazón de Galicia na "Ribeira Sacra".
Chantada ofrece como aliciente extra un percorrido moi diferente a calquera outra proba do campionato, con dous partes de características totalmente opostas. A primeira é moi virada e está rodeada de viñedos, a segunda resulta especialmente rápida xa que transcorre por unha ancha estrada de tres carrís. Un trazado técnico e esixente, cuxa dificultade adoita verse acrecentada polas altas temperaturas habituais na zona durante os meses de verán.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MONTAÑA
A primeira proba será os días 26 e 27 Marzo, Subida Peñas Blancas en Estepona.
A segunda proba será a Subida Ubrique os días 23 e 24 de Abril.
A terceira proba será os días 14 e 15 de Mayo, Subida Internacional al Fito.
A cuarta proba será no mes de xuño os días 4 e 5 coa Subida a Les Revoltes d'Ibi, Trofeo Villa del Juguete.
A quinta será a Subida a Chantada nos días 23 e 24 de xullo.
Os días 6 e 7 de agosto terá lugar a Subida a Peña Cabarga.
A sétima proba será os días 24 e 25 de setembro coa Subida a la Santa.
A última proba será os días 15 e 16 de outubro coa Subida Isla de Ibiza.