A Subida a Chantada 2025 será entre o 25 e o 27 de xullo

RibeiraSacraXa
A cita, organizada pola Escudería Chantada, celebra este ano a súa 51ª edición
Subida-a-Chantada-2023-2
Subida a Chantada
29 Jan 2025

A 51ª edición da Subida Automobilística a Chantada xa ten datas de celebración, tal e como confirmou a organización. A proba, consolidada como un evento de referencia na súa categoría, forma parte do calendario oficial da Real Federación Española de Automobilismo.

Organizada pola Escudería Chantada dende hai máis de medio século, esta carreira pola Ribeira Sacra lucense terá lugar os días 25, 26 e 27 de xullo de 2025. Desde a organización sinalan que, deste xeito, continúan coa tradición de disputala en pleno verán, “co aliciente que isto supón para os visitantes e equipos participantes que se achegarán, un ano máis, ao corazón de Galicia para gozar da única cita galega co certame nacional da modalidade”.

0.14118003845215