A subdelegada do Goberno e o concello de Chantada coordinan o dispositivo para a festas do verán

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu este xoves a Xunta Local de Seguridade de Chantada xunto ao alcalde, Manuel Lorenzo Varela, para coordinar o dispositivo con motivo da próxima celebración da ‘Subida a Chantada’, as festas patronais e outros eventos estivais.
Isabel Rodríguez subliñou a importancia das festas e dos eventos culturais para manter vivas as tradicións, vertebrar o territorio e potenciar a actividade económica da provincia.
A Escuadra Chantada organiza a 51ª edición desta proba automobilística os días 25, 26 e 27 de xullo. Ademais, o concello de Chantada acollerá os días 15 e 16 de agosto o evento musical ‘Sacra Festival’.
As festas patronais do Carme terán lugar entre o 21 e o 26 de agosto. O sábado 23 será o día grande, que contará co tradicional ‘Folión de Carros’, e o martes 26 haberá a ‘Festa da Empanada’.