A Sociedade Micolóxica Lucus presenta este venres en Chantada a súa “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”

RibeiraSacraXa
A presentación terá lugar no Círculo Recreativo Cultural
curso-micoloxia
13 Jan 2026

A Sociedade Micolóxica Lucus presentará este venres en Chantada a “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”. O evento terá lugar a partir das 20,00 no Círculo Recreativo Cultural.

A obra pretende achegar o mundo dos fungos ao público xeral cun enfoque divulgativo e accesible, pero mantendo o rigor científico. A guía inclúe fichas fotográficas e descricións detalladas de 202 especies, a maioría delas comúns na provincia de Lugo, e menciona nas observacións ata 384 especies adicionais, converténdose nunha referencia para persoas que se inician na micoloxía ou que desexan ampliar coñecementos.

O libro tamén dedica espazo a conceptos básicos sobre identificación, toxicidade e comestibilidade, ademais de ofrecer nocións sobre a lexislación vixente en materia de recolección. A introdución aborda as condicións climáticas e ambientais que explican a riqueza micolóxica da provincia de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.079969167709351