A Sociedade Filharmónica de Monforte de Lemos organiza este domingo en Sober o II Ciclo de Cine – Concerto na Contorna

A Sociedade Filharmónica de Monforte de Lemos continúa coa súa programación cultural para os próximos meses cunha serie de concertos e actividades musicais que se celebrarán en distintos espazos da comarca.
A primeira cita será o domingo 15 de marzo ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober, dentro do ‘II Ciclo de Cine – Concerto na Contorna’. Proxectarase o clásico do cine mudo ‘El Heroe del Río’, protagonizado por Buster Keaton, acompañado de música en directo polo grupo Caspervek Trio. O evento conta co patrocinio do Concello de Sober e celébrase no marco do mes do Amandi.
O mércores 25 de marzo ás 20:15 horas, a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá o concerto do Trío Caronium, integrado por Isabel Font (chelo), David Veiga (violín) e Javier Ares (piano).
Xa no mes de abril, o venres 17 ás 20:15 horas, celebrarase tamén na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro un concerto de chelo e piano protagonizado por Haruna Takebe (piano) e Thomas Piel (chelo), coa colaboración do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
A programación continuará o domingo 24 de maio ás 19:00 horas na Igrexa de Nosa Señora da Antigua (PP. Escolapios) co concerto do Orfeón Terra A Nosa, dirixido por Luis Martínez. A actuación conta co patrocinio da Xunta de Galicia e terá entrada gratuíta.
Finalmente, o domingo 28 de xuño ás 19:00 horas, o mesmo templo acollerá o concerto da Banda Filarmónica de Lugo, baixo a dirección de Iván Martínez Sabio, dentro do programa Tradigalu da Deputación de Lugo, a través da súa Área de Cultura.