A Sima de Aradelas, en Folgoso do Courel, será a protagonista dunha actividade

RibeiraSacraXa
Desta maneira, a actividade Coñece as covas do Xeoparque comezará na Estación Científica de Seoane do Courel
Aradelas-Folgoso-do-Courel
23 Out 2024

A segunda actividade do Outono Xeolóxico no Xeoparque Montañas do Courel terá lugar o vindeiro 9 de novembro en Seoane do Courel, tendo como protagonista o mundo subterráneo da Sima Aradelas.

Desta maneira, a actividade Coñece as covas do Xeoparque comezará na Estación Científica de Seoane do Courel ás 11.30 horas e ás 12.00 horas terá lugar a charla ‘2 km de novas galerías e pozos na Sima Aradelas’, con Inma Pumariño e Nocho Iglesias.

Ás 13.30 horas terá lugar o xantar en Seoane do Courel e ás 15.00 horas desenvolverase a actividade ‘Coñece as covas do Xeoparque, cunha visita ao Centro de Interpretación das Covas en Meiraos e unha visita de aventura espeleolóxica á Cova da Ceza, rematando a xornada ás 19.30 horas.

0.16644597053528