A sexta edición do Quimedo conta xa con máis de 500 persoas inscritas

RibeiraSacraXa
O prazo para participar remata o vindeiro 29 de setembro
Quinta edición de QuiMedo
25 Sep 2025

A organización do Quimedo ten aberto ata o 29 de setembro o prazo de inscrición para participar na sexta edición, que terá lugar o próximo 25 de outubro e que leva xa máis de 500 persoas inscritas.

Desde a organización avanzan que este ano o evento incorporará novidades e novas experiencias, co obxectivo de sorprender aos participantes e consolidarse como unha das citas máis esperadas no municipio.

As inscricións poden realizarse de maneira presencial na Casa da Cultura de Quiroga ou a través da páxina web do concello.

Na súa última edición, o Quimedo reuniu a 1.200 participantes. A actividade consiste nun percorrido por un gran túnel do terror instalado no casco urbano de Quiroga e en Pacios de Mondelo, converténdose nunha proposta que combina lecer, participación e tradición local.

⚙ Configurar cookies
0.093731880187988