A sexta edición de QuiMedo volveu converter a Quiroga no epicentro do terror con 1.400 participantes

RibeiraSacraXa
Máis de 100 voluntarios e figurantes puxeron a proba o valor dos asistentes nun túnel do terror, que percorreu o centro urbano de Quiroga e Pacios de Mondelo
quimedo-quiroga
Imaxe da VI edición do Quimedo
27 Oct 2025

QuiMedo, unha das citas máis destacadas do Samaín en Galicia, volveu converter a Quiroga no epicentro do terror durante a noite deste pasado sábado, 25 de outubro.

A edición deste ano reuniu a 1.400 participantes, nunha noite de terror na que máis de 100 voluntarios e figurantes puxeron a proba o valor dos asistentes nun túnel do terror, que percorreu o centro urbano de Quiroga e Pacios de Mondelo e que este ano estivo composto por oito casas temáticas

“A Monxa”, “O Espantallo”, “O taller da morte”, “Piratas 2”, “O Inferno”, “O último de nós”, “Mac Guarro” e “Survival. O Labirinto”, foron as propostas desta edición, que pechou no pavillóon coa “Horror Night” amenizada polo DJ Pablo, da Disco Móbil Dolce Vita.

A organización quixo agradecer o apoio do Concello, dos voluntarios e dos numerosos visitantes que, ano tras ano, converten o QuiMedo nunha cita imprescindible para os amantes do terror.

⚙ Configurar cookies
0.059013843536377