A segunda xornada do Ciclo Tecendo Cultura terá lugar no Pazo de La Cuesta de Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
A segunda xornada do Ciclo Tecendo Cultura terá lugar no Pazo de La Cuesta de Ribas de Sil a partir das 18.00 horas
Ciclo tecendo Cultura Ribas de Sil
12 Apr 2023

Ribas de Sil acolle mañá, 13 de abril, a segunda xornada do Ciclo Tecendo Cultura, un proxecto de traballo en rede coordinado pola Asociación Deloa e na que participa o Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra.

Será a Bodega do Pazo de La Cuesta, en San Clodio, onde terá lugar esta iniciativa, na que Javier Olleros conversará con Mónica Fernández sobre a súa experiencia como promotores gastronómicos, baixo o título de “Cultura e gastronomía. Territorios que alimentan comunidade, diversidade, sustentabilidiade”.

Ao rematar a conversa, a pianista Elsa Muñiz ofrecerá un pequeno concerto e poderase desfrutar dunha experiencia gastronómica da man de Martin Mantilla e enoturística da mán dos viños de Pazo de La Cuesta.

O evento, que será presentado por Belen Xestal, comezará ás 18.00 horas, pero o punto de encontro para os asistentes ao evento será na Praza Maior 1, 27310 San Clodio (Ribas de Sil) ás 17.50 horas, que subirán en bus.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata completar aforo en: https://www.deloa.es/ciclo-tecendo-cultura/ e se alguén ten algunha dúbida, pode contactar cos organizadores a través do número 981 817 000.

0.16504597663879