A SD Rubián organiza o seu magosto popular o 22 de novembro

RibeiraSacraXa
As entradas poderán adquirirse ata o día 20
magosto-sd-rubian
16 Nov 2025

A SD Rubián celebrará o vindeiro sábado 22 de novembro o seu tradicional magosto popular, que terá lugar nas naves da feira. A entidade invita a veciños e afeccionados a participar nunha xornada festiva que, un ano máis, combina gastronomía e convivencia.

As entradas poden adquirirse no Restaurante Paco, na Tenda da Pili ou directamente a través dos membros da directiva. Con cada entrada entregarase ademais un cartón de bingo. O prazo para inscribirse remata o 20 de novembro.

O menú programado para a ocasión inclúe paella, carne asada, patacas con pementos, ensalada, sobremesa, café e bebidas.

⚙ Configurar cookies
0.068518161773682