A SD Chantada proclamouse campioa da Copa Deputación en primeira masculina tras vencer ao Taboada CF

A SD Chantada proclamouse esta fin de semana campioa da Copa Deputación de fútbol en Primeira Masculina tras imporse ao Taboada CF.
O partido comezou con dificultades para os chantadinos, que chegaron ao descanso cunha desvantaxe de dous goles. Porén, na segunda parte lograron empatar o encontro, forzando a prórroga nunha emocionante final que se resolveu cun gol do capitán, Kadete, no minuto 116, dando a vitoria ao equipo de Chantada.