A Sarriana foi o equipo gañador do Torneo Festas Patronais de Monforte
SarriaXa | RibeiraSacraXa
O torneo, que se disputou no estadio de fútbol da Pinguela, enfrontou ao Club Lemos coa SD Sarriana no que os de Sarria gañaron por dous puntos
16 Ago 2024
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega do trofeo ao equipo gañador do Torneo Festas Patronais de Monforte.
O torneo, que se disputou no estadio de fútbol da Pinguela, enfrontou ao Club Lemos coa SD Sarriana e o resultado final foi de 0-2, favorable ao club de Sarria.
O rexedor fixo entrega ao capitán da Sarriana dunha réplica da Torre da Homenaxe de Monforte, nun acto no que se destacou o labor do Club Lemos pola organización do Torneo coa colaboración do Concello.