A San Silvestre de Quiroga celebra este ano o seu décimo aniversario

RibeiraSacraXa
Será o vindeiro 31 de decembro cun percorrido de 3,5 quilómetros
cartel-san-silvestre-quiroga
Cartel da San Silvestre de Quiroga 2024
23 Dec 2024

Quiroga prepárase un ano máis para despedir o ano coa xa tradicional Carreira da san Silvestre, que este ano celebrará o seu décimo aniversario cun percorrido de urbano de 3,5 quilómetros e dificultade baixa par que poidan participar todas as persoas do concello e arredores.

A proba terá lugar o martes, 31 de decembro, ás 12.00 horas, e as inscricións poderán realizarse o mesmo día da proba a partir das 11.00 horas.

Como novidade este ano, o Concello organiza unhas ‘prebadaladas’ para dar saída a proba, e entregará doce larpeiradas a todos os participantes para festexar o Fin de Ano de forma anticipada.

Trátase dunha proba non competitiva, polo que non haberá nin clasificación nin trofeos. Eso si, todos os participantes recibirán un accesorio de Nadal á súa chegada e, ademais, participarán no sorteo de catro cestas de Nadal. Dende o Concello lembran que é unha proba festiva polo que convidan aos participantes a ir disfrazados.

0.17671298980713