A sala infantil da Biblioteca de Chantada acolle esta tarde un contacontos infantil

RibeiraSacraXa
A Biblioteca Pública e Municipal de Chantada acolle esta tarde, a partir das 17.
biblioteca chantada
20 Dec 2023

A Biblioteca Pública e Municipal de Chantada acolle esta tarde, a partir das 17.00 horas, un contacontos na sala infantil co que se dará comezo á programación de Nadal deste ano.

Genma Pardo será a encargada de traer a este establecemento chantadés un espectáculo moi participativo con xogos e música titulado 'Chegou o Nadal!' destinado a maiores de catro anos e público familiar.

Desde o Concello informan, ademais, de que a biblioteca municipal estará aberta todas estas vacacións de Nadal e nela pódense atopar novidades en literatura e cine infantil.

0.10241103172302