A ruta 'Quiroga, territorio literario' forma parte da nova asociación galega de casas, museos e espazos, Nós
A ruta 'Quiroga, territorio literario' é un dos socios fundadores da recentemente creada asociación galega de casas, museos e espazos literarios, NÓS, que conta con 27 entidades das catro provincias galegas.
Estas uniron forzas para promocionar e difundir a literatura e o seu patrimonio, así como o legado de cada creadora ou creador e traballar en proxectos comúns para a promoción, difusión e defensa do patrimonio literario ante as Administracións Públicas e ante a sociedade en xeral.
No acto de formalización, Quiroga Territorio Literario estivo representada pola Fundación Uxío Novoneyra, que deu conta do obxectivo da asociación, na que se plasma a idea trasladada aos técnicos de cultura do Concello de Quiroga por varias persoas relacionadas coas letras e as artes.
Ademais, percorre os lugares relacionados con seis escritores vinculados con Quiroga: Pura e Dora Vázquez, Ernesto Guerra da Cal, Eduardo Moreiras, Luis Losada, Ánxel Fole e Manuel María; pero o departamento de cultura ten en mente ampliar o número de escritores e os lugares con eles relacionados.