A ruta 'Paisaxes Sonoros do val da Seara' do Descubrir Quiroga percorreu a Seara e Vieiros

RibeiraSacraXa
Da man da Fundación Legar, os participantes coñeceron diferentes paraxes do val a través dos seus sons
ruta-Quiroga
22 sep 2024

Quiroga acolleu a penúltima ruta do programa Descubrir Quiroga que innovou este verán o Concello de Quiroga a través da Concellería de Turismo, en colaboración coa de Cultura, e co apoio financeiro da Deputación de Lugo.

A ruta 'Paisaxes Sonoros do val da Seara' levou aos participantes a percorrer a Seara e Vieiros da man da Fundación Legar, que lles ensinou diferentes paraxes do val a través dos seus sons. O xantar tiña lugar no pobo da Seara e seguidamente visitaban a fervenza de Vieiros.

A última ruta terá lugar o día 28 de setembro e realizarase o Camiño de Inverno Inverso, unha andaina para recorrer unha parte do Camiño de Inverno dende Montefurado ata os Alvaredos. A actividade rematará cunha visita a adega Alvaredos Hoobs e coa degustación dos seus viños.

Para esta derradeira actividade xa están todas as prazas cubertas, ao igual que se cubriron todas na ducia de actividades gratuítas que se organizaron dentro do afamado programa de dinamización turística Descubrir Quiroga.

0.14841103553772