A ruta dos 3000 do Courel percorrerá 30 km das montañas do Courel o vindeiro 1 de xullo

RibeiraSacraXa
A ruta dos 3000 do Courel percorrerá 30 km das montañas do Courel o vindeiro 1 de xullo organizada por Coureleando
12 May 2023

Coureleando organiza a terceira edición de Os 3000 do Courel, unha ruta de 30,2 quilómetros polo Courel.

Nesta, o desnivel positivo será de máis de 3.000 metros, o desnivel negativo de 3.100 metros, o que dá un acumulado de 6.100 metros. Por isto, a ruta cualifícase como de dificultade extrema, na que durante 15 horas as persoas participantes percorrerán o Courel.

A ruta comezará polo quilómetro vertical de Formigueiros, pasará por Polín a través de Pena Paleira, baixará ata Ferreirós de Abaixo para facer o bucle de Coto e logo cara a Penaboa e Piapáxaro, para rematar en Folgoso, baixando por un novo camiño en Carballido.

Esta iniciativa, que terá lugar o vindeiro 1 de xullo ás 07.00 horas da mañá, comezará na Praza do Concello de Folgoso do Courel.

Para anotarse, as persoas interesadas Terán que comunicalo a través do whatsapp 626 64 30 71, xa que as prazas son limitadas, e pagar a cantidade de 20 euros por persoa.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.2000880241394