A rúa Cardeal de Monforte acolle ata o sábado a XXV Feira do Libro
Comeza a XXIV Feira do Libro de Monforte de Lemos, que se desenvolverá, como cada ano, na rúa do Cardeal, ata o vindeiro sábado 24 de agosto.
Así, durante a primeira tarde de Feira, esta de mércores 21 de agosto, terá lugar a inauguración oficial a cargo da poeta Olga Novo ás 19.00 horas, mentres que ás 20.00 horas haberá unha conversa entre as escritoras Abril Camino e María Nieto sobre 'De la autopublicación a las librerías'.
Xa ás 20.45 horas terá lugar a presentación de 'O sangue dos camiños', de Ramón Caride Ogando, acompañado de Xosé Manuel Eyre; e ás 21.15 horas presentarase 'Indehiscencia', tamén de Ramón Caride, pero neste caso estará acompañado de Ramón Pol.
Mentres, na caseta de librarías, estará Carlos G. Fernández ás 19.00 horas asinando '50 lugares sagrados' e 'Compostela mágica' na caseta da librería Uróboros; mentres que Isabel Porto asinará 'Esto no es para ti' ás 19.30 horas na caseta da libraría Porto; Perfecto Souto asinará 'Clarisa' ás 20.00 horas na caseta da Librería Agrasar e ás 21.00 horas asinará Alan Balzac 'Historia de una mente distorsionada, o cómo jugar con la memoria' na caseta da Librería Agrasar.
A Feira do Libro de Monforte está organizada pola Federación de Librarías de Galicia, xunto co Concello de Monforte, e coa Feira do Libro de Monforte, a Federación dará por rematada a tempada de feiras de 2024. Esta institución, constituída sen fins de lucro, está integrada actualmente por 147 librarías de toda Galicia, que leva 45 anos ó servizo do sector.