A rúa Cardeal de Monforte acolle entre este mércores e o sábado a XXIV Feira do Libro
Este mércores comeza A XXIV Feira do Libro de Monforte, concretamente na rúa do Cardeal, ata o vindeiro sábado 26 de agosto, e poderá visitarse en horario de 11.00 a 14.00 horas e durante a tarde de 19.00 a 22.00 horas.
A Feira do Libro de Monforte conta cun completo programa de actividades, no que se inclúen seis casetas, ducias de autores, eventos para toda a familia, sinaturas e presentacións. Todos os libros que se adquiran nesta Feira do Libro monfortina contarán cun desconto do 10 %.
A Feira do Libro de Monforte está organizada pola Federación de Librarías de Galicia, xunto co Concello de Monforte, e coa Feira do Libro de Monforte, a Federación dará por rematada a tempada de feiras de 2023. Esta institución, constituída sen fins de lucro, está integrada actualmente por 147 librarías de toda Galicia, que leva 45 anos ó servizo do sector.