A Ribeira Sara ourensá terá a súa primeira Feira do Viño

GaliciaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
O presidente da Deputación de Ourense mantivo este martes un encontro con representantes institucionais dos municipios que conforman a Ribeira Sacra para comezar a traballar nesta proposta
deputacion-feriia-do-viño-rs-ourense
24 Mar 2026

A Deputación de Ourense impulsará, xunto aos concellos da zona, a primeira Feira do Viño da Ribeira Sacra ourensá. Así o anunciou este martes o presidente provincial, Luis Menor, logo dun primeiro encontro de traballo mantido hoxe no Pazo Provincial con representantes institucionais de municipios que conforman a Ribeira Sacra para avanzar nos detalles desta iniciativa.

O líder provincial reivindicou que a Ribeira Sacra precisa dunha mostra do viño que poña en valor este “extraordinario produto” que é parte fundamental da identidade desta zona ourensá, unha visión compartida de xeito “unánime” por todos os participantes neste encontro.

Agora, as partes implicadas comezarán a traballar na concreción desta iniciativa, co obxectivo de poñer en marcha “canto antes” esta proposta que Luis Menor cualifica de “absolutamente necesaria” para promocionar esta zona onde o viño xoga un papel fundamental e máis nun ano tan importante para a Ribeira Sacra no que “esperamos ser Patrimonio da Humanidade”.

0.13393020629883