A Ribeira Sara festexa ‘A caída da folla’ con actividades durante toda a fin de semana

RibeiraSacraXa
Chantada, San Xóan de Río, Quiroga, Ribas de Sil, Parada de Sil e Sober acollerán distintas actividades entre o venres e o domingo
bosque-carballos
7 Nov 2024

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sara organiza, un ano máis, ‘A caída dá folla’ con actividades durante toda a fin de semana nos concellos de Chantada, San Xóan de Río, Quiroga, Ribas de Sil, Parada de Sil e Sober.

As actividades arrincarán este venres, 8 de novembro, cun curso de orientación en montaña que terá lugar en Chantada que estará a Cargo de David Caballero e que se estenderá ata o domingo.

O sábado, 9 de novembro, San Xoán de Río acollerá un taller de cosmética e ungüentos naturais. Os asistentes poderán crear unha vela artesanal con cera de soia 100% natural e aceites esenciais para capturar a esencia do outono.

O mesmo día, no Geoparque Montañas do Courel, nos concellos de Quiroga e Ribas de Sil, haberá un roteiro pola minería aurífera da zona. Os asistentes, acompañados dun arqueólogo, coñecerán o labor dos romanos na extracción de ouro e descubrirán un dos xacementos de ouro máis importantes de Galicia.

O domingo, 11 de novembro, en Para de Sil, terá lugar un ‘Curso de explorador’ no que os asistentes recibirán nocións sobre como actuar no monte en caso de emerxencia, aprendendo, por exemplo, a identificar pegadas e restos de animais, facer lume ou construír un refuxio.

Por último, tamén o domingo, Sober acollerá unha roteiro BTT ‘De miradoiro en miradoiro’, onde os asistentes poderán descubrir as impresionantes paisaxes do Cañón do Sil nun percorrido apto para todos os públicos.

0.2015688419342