A Ribeira Sacra triunfa nos Premios Goya 2022
O veciño do Concello de Sober Chechu Salgado gañou na noite de onte, sábado 12 de febreiro ao Premio Goya 2022 como mellor actor revelación. O premio ven dado polo seu traballo no filme Las leyes de la frontera onde o actor galego interpreta a Zarco.
Chechu Salgado agradeceu no seu discurso aos seus compañeiros e fixo especial fincapé na súa familia e o seu apoio.
En total, a película Las leyes de la frontera acadou cinco premios: Mellor actor revelación, Mellor guion adaptado, Mellor maquillaxe e perruquería, Mellor deseño e vestiario e Mellor dirección artística.
Por outra banda, Zeltia Montes levou o galardón de mellor música orixinal pola banda sonora de El buen patrón. No seu agradecemento destacou á súa nai que tivo que esforzarse para poder ofrecerlle unha educación. Ademais, aproveitou a súa intervención para enxalzar o valor da música nos filmes.
El Buen patrón foi o gran triunfador da noite ao facerse cun total de 6 premios, Mellor película, Mellor dirección, Mellor actor protagonista, Mellor guion orixinal, Mellor montaxe e Mellor música orixinal.