A Ribeira Sacra segue reducindo a presenza da covid

RibeiraSacraXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
vacinacion covid
15 Feb 2021

A provincia pecha a fin de semana con todos os valores sobre a presenza da covid en descenso agás o número de falecidos, que foi de tres persoas.

Así, este luns os casos activos sitúanse en 1.171, que son 65 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 146.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 35 casos novos (onte foron 49). Ademais, as altas chegaron ás 9.943, 100 en 24 horas, o día anterior foron 195.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.311 casos rexistrados e 191 persoas falecidas, atres máis que onte, as tres no Hula, dous homes de 81 e 51 anos e unha muller de 84.

A presión hospitalaria segue sendo alta. Nas UCI hai 26 ingresados, todos no Hula. Hospitalizados en planta hai 61 persoas (1 menos), 38 no hospital de Lugo (1 máis), 9 na Mariña e 13 en Monforte. Tamén hai unha persoa ingresada no Polusa de Lugo.

POR COMARCAS

A Mariña

Viveiro continúa reducindo a incidencia, xa con 3o casos, ao igual que Burela, no resto normalidade.

  • Viveiro reduce 6 casos e son xa 30.
  • Burela baixa dous máis e queda en 11.
  • Barreiros non teñen casos novos nos últimos 15 días.

Terra Chá

Mentres o resto da comarca segue en valores baixos, Vilalba descende pouco a pouco mentres Guitiriz segue sumando casos tralo resultado dos cribados, nos que foi detectada a cepa británica, altamente contaxiosa.

  • Vilalba continúa á baixa con 83 casos, 11 menos.
  • Nova subida para Guitiriz, xa son 113, 12 máis que onte
  • Cospeito baixa 2 casos ata 14.
  • Outeiro de Rei reduce 3 para quedar en 10.
  • Castro de Rei baixa 2 a 15.
  • Pol e Muras está sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes reduce 8 casos e queda en 37.

Centro da provincia

Tendencia á baixa na comarca con descenso importante en Lugo e co Corgo con 22 casos, produto duha subida de onte.

  • Lugo volve á baixa con 17 casos menos ata 286.
  • Palas de Rei mantense en 15.
  • Portomarín está xa por debaixo de 10.
  • Guntín mantén 10 casos.
  • Castroverde conserva os 13 de onte.
  • O Corgo suma dous máis e xa son 24.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Folgoso do Courel, Navia e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.

Comarca de Sarria

A comarca rompe a tendencia á baixa e suma dous casos.

  • Sarria suma un caso e son 33.
  • Láncara suma 1 para chegar a 14.

Ribeira Sacra

Estabilidade na comarca con tendencia á baixa en todos, especialmente en Monforte.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 111 casos, 15 menos.
  • Quiroga segue en descenso con rebaixa a 13 1 menos.
  • Taboada queda en 14.
  • O Saviñao rebaixa novamente para chegar a 13 contaxios, 2 menos.
  • Pantón rebaixa 3 e queda en 11.
  • Pobra do Brollón certifica os mesmos 13 de onte.
  • Sober mantén os 20 de onte.
0.16552591323853