A Ribeira Sacra pecha a vendima 2025 con máis de 4,6 millóns de quilos de uva recollidos

RibeiraSacraXa
Durante a campaña recolléronse 3.552.736 quilos de uva tinta e 1.065.229 de branca
vendimia-viñedos-ribeira-sacra
16 Oct 2025

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra finalizou a vendima 2025 o pasado 9 de outubro, con un total de 4.617.965 quilos de uva recollidos entre 83 adegas.

A campaña estivo marcada polo predominio das variedades tintas, que alcanzan 3.552.736 quilos, coa Mencía como uva maioritaria. As uvas brancas suman 1.065.229 quilos, destacando o peso do Godello, que continúa gañando presenza dentro da denominación.

Desde o Consello Regulador agradecen “o traballo e compromiso do sector vitivinícola” e reafirman a súa aposta pola transparencia e a calidade. A vendima de 2025 despídese con boas perspectivas para os viños que nacerán desta colleita, reflexo do esforzo conxunto e da singularidade da Ribeira Sacra.

⚙ Configurar cookies
0.066521167755127