A Ribeira Sacra despedirase do Entroido este sábado co Desfile de Disfraces de Pantón

Un ano máis o Concello de Pantón será o encargado de pechar o Entroido na Ribeira Sacra coa celebración do Desfile Concurso de Disfraces e Carrozas que terá lugar o sábado, 8 de marzo.
O desfile sairá ás 16.00 horas do colexio Monte Baliño, e os participantes presentaranse ás 15.30 horas levando o número de identificación que se lles entrega no momento da inscrición. O desfile percorrerá as rúas de Ferreira e finalizar na Praza do Concello, onde coa chegada da última comparsa comezará unha chocolatada baile e entrega de agasallos doces para os/as nenos/as.
As inscricións pódense facer ata este mesmo venres ás 11.30 horas no Departamento de Cultura de Pantón, localizado no segundo piso de Edificio Sociocultural.
Premios
Comparsas Adultos:
- Grupos de 10 o máis compoñentes (300 euros, 200 euros e 150 euros)
- Grupos entre 5 e 9 compoñentes (150 euros, 125 euros e 100 euros)
- Individual e Parellas entre 1 e 4 compoñentes (100 euros, 75 euros e 50 euros)
Comparsas Infantís:
- Grupos de 10 ou máis compoñentes (180 euros, 160 euros e 150 euros)
- Grupos entre 5 e 9 compoñentes (100 euros, 75 euros e 50 euros)
- Individual e Parellas entre 1 e 4 compoñentes (50 euros, 40 euros e 20 euros)
O xurado estará composto por cinco representantes elixidos por sorteo entre as comparsas de máis de 10 participantes, e unha persoa allea ás mesmas que exercerá o voto de calidade en caso de empate. Premiarase o vestiario e maquillaxe, elaboración do disfraz, a posta en escea e a música, podendo, o xurado, deixar deserto algún dos premios ou conceder algún accésit se o considerase.
Todas as comparsas que presenten carroza recibirán 50 euros como axuda e as de máis de 10 compoñentes recibirán 80 euros non acumulables ao premio. Os premios entregaranse ao final do desfile