A Ribeira Sacra desfrutará dende hoxe dos acordes do 17º Ribeira Sacra Festival
Chega un ano máis o 17º Ribeira Sacra Festival, que fará vibrar coa súa sexta edición a tódolos espectadores.
Entre os principais integrantes do cartel que tocarán en catamaráns, bodegas ou miradores, a parte dun concerto sorpresa, están Teenage Fanclub como cabezas de cartel, acompañados de Lola Marsh, Maika Makovski, Amorante y a primeira representación gallega con Fábrica de Espejos.
Participarán tamén Manel, Glaseo, Sylvie Kreusch, The Hanging Stars, Eladio e Los Seres Queridos, Los Mejillones Tigre, Amorante, Mariagrep, Cool Nenas e Ángel Carmona como invitado especial.
O 17º Ribeira Sacra Festival é un dos máis chamativos de Galicia, gracias a súa combinación da paisaxe coa música. Aproveitando o marabilloso escenario dos Cañóns do Sil, poderase desfrutar de concertos en lugares como o catamarán de Doade ou o mirador de Santiorxo. Os outros dous platos fortes para o evento son a gastronomía galega e o viño, con catas, degustacións e showcookings de chefs con máis renome.
O cartel pecharase coa actuación de Alice Wonder.