A rexeneración do espazo natural dos Cachóns do Asma, a debate

RibeiraSacraXa
A rexeneración do espazo natural dos Cachóns do Asma, a debate por parte do grupo municipal Por Chantada-CUP
chantada cachóns asma
28 Xul 2022

O grupo municipal Por Chantada-CUP, propón a rexeneración do espazo natural dos Cachóns do Asma e a recuperación dos seus elementos patrimoniais como muíños, devesas, a fábrica de luz de Evaristo (cuxo proprietario foi o primeiro galego en completar, según parece, a ruta do Transiberiano).

Un espazo verde que require actuar sobre a insuficiencia da depuradora de Chantada para evitar o cheiro e a contaminación que rematan no encoro de Peares e que levan décadas sen solventarse a pesar dos avisos da Unión Europea en materia de augas. Igualmente, a explanada de Amedo debería ser un espazo sociocultural e natural ao servizo da poboación local e non un aparcadoiro para encher de turismos e autobuses (dende Por Chantada pretenden que esta actuación reduza o CO2).

Sinalan tamén a vergoña que supón que no ano 2022 o Concello de Chantada sigan sen ter ningunha soa árbore senlleira catalogada, o que constitúe un verdadeiro desleixo por parte da Xunta e do Goberno municipal, que non se pode ocultar cunha regulación das masas arbóreas e cuestionan a solución do formigón fronte a outras alternativas que se empregan en ámbitos como o Douro portugués.

0.14680194854736