A Rede Museística Provincial celebrará o Día Internacional dos Museos con actividades do 12 ao 18 de maio

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Os catro museos, Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Fortaleza de San Paio de Narla, acollerán mais dunha ducia de iniciativas
Día-Internacional-dos-Museos-Lugo
9 May 2025

A Rede Museística Provincial desenvolverá do 12 ao 18 de maio diversas actividades para conmemorar o Día Internacional dos Museos, 17 de maio, que se celebra internacionalmente baixo o lema 'O futuro dos museos en comunidades en constante cambio'.

Os catro museos, Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Fortaleza de San Paio de Narla, acollerán mais dunha ducia de iniciativas que, partindo das coleccións e dos valores patrimoniais dos diferentes museos, poñen en valor a diversidade, a creatividade e o diálogo intercultural.

A programación pon o foco na mocidade, público obxectivo da maioría das protagonista e protagonista tanto no deseño e coordinación de propostas como as I Xornadas de rol e xogos de mesa, o 10 e 11 de maio na Fortaleza de San Paio de Narla; o obradoiro Robótica e arte moza, con Enrique Peñalver, o 18 de maio no Museo Provincial de Lugo, ou o certame 'Xunventude en acción: A noite é nosa', que convoca a compartir a través de Instagram creacións inspiradas nos museos provinciais.

A deputada de Cultura Iria Castro participou este xoves na presentación das actividades, onde destacou “a diversidade de colectivos e persoas que participan na programación recollendo os froitos do traballo en rede que se realiza desde os museos” e valorou “que se apele de forma especial á mocidade, asumindo o reto de facer dos museos espazos máis atractivos e máis próximos para a rapazada”.

PROGRAMACIÓN DAS ACTIVIDADES

  • 10 e 11 de maio. I Xornadas de rol e xogos de mesa na Fortaleza de San Paio de Narla
  • 16 de maio. Presentación do Omeka da RMPL. O proxecto inaugúrase coa exposición en liña 'Cousas de Alén do Mar en Tor', e seguirán novas coleccións dos museos da rede.
  • 16 de maio ás 12.00 horas. Inauguración da exposición 'Adiante' no Museo Provincial de Lugo
  • 16 de maio ás 17.30 horas. Encontro con Alba Díaz Geada: 'Mudar en común: Galiza 1959-1982' no Museo do Mar
  • 17 de maio. Teatro no Pazo de Tor polo Día das Letras Galegas 17 de maio. Será ás 19.00 horas coa representación do grupo de teatro do CEIP A Gándara.
  • 17 e 18 de maio de 11.00 a 14.00 horas. Obradoiros sobre cultura e historia, en colaboración con Caetra Lucensium no Museo de Lugo
  • 18 de maio de 10 a 13.00 horas. Obradoiro 'Robótica e arte moza' con Enrique Peñalver no Museo Provincial de Lugo
  • 18 de maio ás 12.30 horas. Entrega do Premio 'Cousas do Retorno. Ser Migrante' no Museo Provincial de Lugo
  • 18 de maio. Aldeáns: Pasarela de traxes tradicionais. Ano Castelao 2025. Dous pases, 18:00 e 19:00 na Fortaleza de San Paio de Narla.
⚙ Configurar cookies
0.10335898399353