A rede de abastecemento de auga de Monforte quedará cortada mañá para acometer obras de mellora
Este martes, 6 de xuño, de 09.00 a 13.00 horas levarase a cabo un corte no subministro na rede de abastecemento de auga municipal co fin de executar as accións necesarias para conectar a tubería de desdobramento da rede de distribución de Monforte de Lemos, actualmente en construción, coa rede de abastecemento da Rúa Leopoldo Calvo Sotelo.
Así, este corte afectará ás rúas San Pedro, marxe par; rúa Zapardiel, ambas marxes; rúa Abelino Cachafeiro, ambas marxes; rúa Leopoldo Calvo Sotelo, marxe impar; e rúa Benito Vicetto, ambas marxes. A conexión realizarase na intersección entre a rúa Curros Enríquez e a rúa Leopoldo Calvo Sotelo.
O alcalde, José Tomé salientou que estes traballos son necesarios para a execución das obras que se están a facer de desdobramento da rede de abastecemento de auga e engadiu que se está a facer un gran esforzo e unha gran inversión na mellora da rede xeral de abastecemento de Monforte e que o equipo de goberno segue a traballar continuamente para mellorar o subministro de auga na cidade.