Monforte acolle unha recollida de sinaturas da entidade SOS Rural por Galicia

RibeiraSacraXa
Este venres 15 presentarase publicamente SOS Rural-Galicia, a primeira delegación autonómica da plataforma cidadá estatal independente que defende o mundo rural e a súa actividade económica.
12 Dec 2023

Este venres 15 presentarase publicamente SOS Rural-Galicia, a primeira delegación autonómica da plataforma cidadá estatal independente que defende o mundo rural e a súa actividade económica.

Para que a iniciativa prospere precísase medio millón de sinaturas, polo que a campaña de recollida arrinca o seu recorrido por todo España este martes 12 de decembro cunha primeira parada en Xinzo e unha segunda parada, na mesma xornada, en Monforte. Os interesados poden achegarse de 16.00 a 18.00 horas na Praza Campo San Antonio.

Galicia é a comunidade escollida para dar comezo a este proxecto. Do mesmo xeito que SOS Rural-Galicia é a primeira delegación da plataforma nacional, Galicia é o punto de partida elixido para iniciar o percorrido.

Trátase dun movemento por toda España para recoller firmas para poñer en marcha no Congreso dos Deputados unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para blindar por lei as actividades primordiais do sector primario. É dicir, en Galicia arrinca o gran movemento motor da plataforma cidadá SOS Rural.

0.2196831703186