A Real Sociedade Española de Historia Natural e o Xeoparque organizan unha xornada informativa sobre a riqueza do Courel

RibeiraSacraXa
Será este domingo, 16 de marzo, no salón de actos do Concello de Ribas de Sil
vistas-devesa-da-rogueira-courel
Serra do Courel
13 Mar 2025

A Real Sociedade Española de Historia Natural e o Xeoparque Montañas do Courel, co apoio da Deputación de Lugo, organizan unha xornada informativa sobre a riqueza da serra do Courel.

O evento está aberto ao público e terá lugar este domingo, 16 de marzo, no salón de actos da Casa do Concello de Ribas de Sil, coa participación de diversos expertos.

Programa da xornada

  • 10.00 horas. Presentación da xornada: D. José Luis Viejo Montesinos (Real Sociedade Española de Historia Natural) e D. Luis Fernández López (Concelleiro de Educación e Cultura. Concello de Ribas de Sil)
  • 10.10 horas. O Xeoparque UNESCO Montañas do Courel. D. Roi Sampedro Rañó. Xeólogo do xeoparque.
  • 10.45 horas. A Real Sociedade Española de Historia Natural: breve reseña histórica, actualidade e perspectiva de futuro. Dr. José Luis Viejo Montesinos. Catedrático de Zooloxía. Universidade Autónoma de Madrid. Vocal expresidente da xunta directiva da RSEHN.
  • 11.20 horas. Descanso
  • 11.45 horas. O Courel, reservorio da fauna máis ancestral de Galicia. Dr. Raimundo Outerelo Domínguez. Profesor honorario do Departamento de Biodiversidade, Ecoloxía e Evolución da Universidade Complutense de Madrid. Editor do boletín da RSEHN.
  • 12.30 horas. Xeoloxía do xeoparque do Courel. Ollo de sapo. Dr. Agustín Pérez. Profesor e director do Departamento de Xeodinámica, Estratigrafía e Paleontoloxía da Universidade Complutense de Madrid. Vocal expresidente da xunta directiva da RSEHN.
  • 13.10 horas. Os alimentos: cultivo e comercialización na literatura española. Dra. María Eugenia Gil Merlo. Profesora de Bioloxía e Xeoloxía. Vocal da xunta directiva da RSEHN.
  • 13.45 horas. Peche da xornada.
0.11830115318298