A Real Sociedade Canina de España organiza unha competición de rastrexo canino na Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón acollerá entre os días 3 e 5 de abril a II Copa en España da Real Sociedade Canina de España de Rastro sobre xabaril “E”, incluída no Trofeo Su Majestad el Rey, unha competición de rastrexo canino que reunirá diferentes razas e participantes chegados de distintos puntos.
A programación dará comezo o xoves 3 de abril ás 08:00 horas na “La Vieja Taberna”, coa participación de exemplares de Petit Gascón Saintongeois e Briquet Griffón Vendéen. O venres 4 de abril, tamén ás 08:00 horas, a actividade trasladarase ao Café Bar Pirata, onde competirán Sabueso Español, Grand Gascón Saintongeois e Griffón Nivernais. Finalmente, o domingo 5 de abril, de novo ás 08:00 horas no Café Bar Pirata, será a quenda de Sabueso Porcelana e Griffón Azul de Gascuña.