A quinta edición do Mercado de Nadal da Ribeira Sacra chega a Taboada o 20 de decembro

RibeiraSacraXa
Haberá artesanía, productos locais, música, sorteos e actividades para toda a familia
Petiscos-de-Nadal-Taboada-2022
Petiscos de Nadal, Taboada
17 Dec 2025

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Concello de Taboada (ACIMTA) organiza un ano máis 'Petiscos de Nadal' o Mercado de Nadal da Ribeira Sacra, que celebrará a súa quinta edición o sábado 20 de decembro, de 12:00 a 21:00 horas. Este evento combina a venda de artesanía e produtos locais con unha completa oferta cultural e artística para todas as idades.

No mercado poderanse atopar produtos elaborados artesanalmente e de alta calidade, como mel, viño, doces, queixos, aceites, chocolates, xeados, ademais de bisutería, artigos de coiro e bonecos, entre outros.

Ademais das tendas, a programación cultural inclúe contacontos e maxia para nenos e familias, un concerto de The Lákazans na sesión vermú outro da man de Os Carecos para pechar a xornada, un obradoiro de decoración de Nadal e o tradicional sorteo da cesta de Nadal. ACIMTA repartirá máis de 3.000 rifas entre os clientes que compren no comercio local, apoiando así a dinamización e promoción do tecido empresarial da zona.

Desde ACIMTA animan a toda a veciñanza das parroquias a participar neste evento, que busca situar Taboada como un referente cultural e festivo na Ribeira Sacra, evitando así a necesidade de buscar alternativas fóra do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.075216054916382