A química Socorro Castro e a escritora Marilar Aleixandre visitaron ao alumnado do IES A Pinguela

RibeiraSacraXa
A química Socorro Castro e a escritora Marilar Aleixandre visitaron ao alumnado do IES A Pinguela con actividades interesantes
xogos ciencias A Pinguela
11 Maio 2023

O alumnado do IES A Pinguela de Monforte recibiu estes días dúas visitas moi especiais; unha de Socorro Castro, profesora de Química Inorgánica e membro do grupo de investigación de química molecular e de materiais da Universidade da Coruña, e outra de Marilar Aleixandre, escritora e autora da novela 'As malas mulleres', que presentou na Librería Agrasar.

Socorro Castro, pola súa parte, impartiu unha interesante e entretida charla sobre xogos con sólidos, líquidos e gases para o alumnado de 1º de Bacharelato, actividade organizada polo departamento de Física e Química. Nesta, ademais de mostrar curiosidades dos gases que cambian de estado,
fixo unha demostración do funcionamento dun prototipo de coche de hidróxeno que sorprendeu a todos os asistentes ao acto.

En canto á gañadora do premio Premio Nacional de Narrativa 2022 co seu libro 'As malas mulleres', Marilar Aleixandre visitou ao alumnado de 4º ESO para falar da súa obra literaria, na que xa obtivera tamén o Premio Blanco Amor 2020, un premio que tamén acadou a xefa de departamento de Lingua e Literatura Galega do instituto, Olga Novo.

0.18679094314575