A provincia volve á contención do virus agás na Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid
18 Mar 2021

Tralo susto de onte, a provincia volveu á senda do descenso. Este xoves certifica menos casos activos, menos contaxios novos e menor hospitalización.

A provincia rexistra 5 casos activos menos de covid, o que sitúa o dato en 205. Na xornada anterior o crecemento foi de 5.

De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 8 casos novos (onte foron 10). Ademais, as altas chegaron ás 11.485, 12 en 24 horas, o día anterior foron 6.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.905 casos rexistrados e 210 persoas falecidas.

A presión hospitalaria tamén baixa esta xornada. Na UCI do Hula segue con 5 persoas ingresadas, e en planta son 15 enfermos (3 menos), 9 no hospital de Lugo (2 menos), 2  en Burela (1 menos), 3 en Monforte e 1 no Polusa.

POR COMARCAS

A Mariña

Burela volve rexistrar algún caso e A Pontenova xa leva 15 días limpa.

  • Sen casos novos en 15 días están: Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, Riotorto, O Valadouro, Mondoñedo e A Pontenova.
  • Na última semana tampouco tivo Lourenzá.

Terra Chá

A comarca mantén as cifras con algo de incidencia en Xermade, Castro, Outeiro, Begonte, Friol e Vilalba mentres Guitiriz queda xa por debaixo dos 10 casos.

  • Guitiriz xa está por debaixo de dez casos.
  • No veciño Concello das Pontes están en 14 casos, 1 menos.
  • Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza, Rábade e Meira.

Centro da provincia

Lugo recupera o ritmo de baixada de casos e está xa en 30. No resto de concellos, sen cambios.

  • Lugo queda en 30 casos, 2 menos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla.
  • Sen casos os últimos 7 están Baleira, Guntín e Castroverde.

Comarca de Sarria

Xornada sen cambios con Paradela, que prolongará o estado de alerta máxima. Samos e Láncara segue por debaixo de dez casos pero con incidencia elevada no primeiro.

  • Paradela rebaixa a 13 casos e seguirá en máxima alerta.
  • O gromo de Sarria mantén os 19 casos de onte.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid.

Ribeira Sacra

Co novo sistema de alertas, Chantada, Sober e Pantón estarán nun nivel 3 de alerta, para a incidencia entre 150 e 250 casos. Monforte suma dous casos novos mentres Taboada certifica unha semana sen covid. O Saviñao, que onte levaba quince días limpo volve rexistrar contaxios.

  • Monforte ten hoxe 27 casos, 2 máis.
  • Chantada rebaixa a 11 e queda no no novo nivel de alerta cunha incidencia por debaixo.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.
  • Sen casos nos últimos sete días está Bóveda e Taboada.
0.18916511535645