A provincia segue contendo o virus
A provincia de Lugo continúa deixando atrás o pico da curva ao reducir a incidencia da covid.
Así, este luns os casos activos sitúanse en 1.767, que son 96 menos que onte. Na xornada anterior o ascenso foi de 94.
Rexistráronse nas últimas 24 horas 50 casos novos (onte foron 88) e as altas chegaron ás 8.960, 145 en 24 horas, o día anterior foron 184.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 10.915 casos rexistrados e 182 persoas falecidas, dúas máis dende onte, dous homes de 89 e 87 anos que morreron no Hula, o segundo procedente da residencia de maiores de Sarria.
A presión hospitalaria sobe. Nas UCI hai un casos máis, 29 en total, dous deles na Mariña, o resto no Hula. Hospitalizados en planta hai 68 persoas (2 máis que onte), 43 no hospital de Lugo (1 menos), 6 na Mariña (2 máis) e 19 en Monforte.
POR COMARCAS
Terra Chá
Mentres Vilalba continúa controlando o virus Gutiriz sobe o número de casos debido a un gromo.
- Vilalba rebaixa 2 ata 178 positivos.
- Nova subida para Guitiriz, 9 casos máis que onte para chegar a 32.
- Cospeito debuta con 13 casos.
- A Pastoriza mantén 11.
- Outeiro de Rei mantén 12.
- Begonte segue con 16.
- Castro de Rei rebaixa 4 casos ata 19.
- Friol retrocede ata 10, restando un positivo.
- Pol está sen casos novos nos últimos quince días.
- No veciño Concello das Pontes seguen en retroceso con 6 casos menos ata 59.
A Mariña
A situación na Mariña mantense controlada.
- Viveiro segue á baixa con 75, 5 menos.
- Xove mantén 16.
- Burela rebaixa 3 positivos máis e son 23.
- O Vicedo ten 20 os enfermos.
- Cervo e Foz rebaixan un e quedan en 11.
- Ribadeo rebaixa 2 19.
Centro da provincia
Lugo segue á baixa ao igual que Palas de Rei, mentres o resto dos máis afectos continúan estables.
- Importante descenso en Lugo en 17 casos ata 389.
- Palas de Rei sengue na senda da rebaixa de casos con 4 menos e 46 en total.
- Monterroso segue en 16.
- Portomarín mantén 13 afectados.
- Guntín tamén mantén 11 casos.
- Becerreá rebaixa 1 e son 11 .
- Castroverde mantén 19 en total.
- A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.
Comarca de Sarria
Sarria segue á baixa e estabilidade no resto.
- Sarria rebaixa a 93 contaxios, 11 menos.
- Láncara mantén 18.
- Paradela tamén segue con 11 casos.
Ribeira Sacra
Monforte e Quiroga certifican dúas baixadas importantes nunha comarca á baixa a nivel xeral pero con algún crecemento lento en concellos como Sober e Taboada.
- A vila de Monforte contabiliza hoxe 183 casos, 12 menos que onte.
- Quiroga segue en descenso con rebaixa da centena con 59, 20 menos que onte.
- Caída en Chantada que rebaixa 4 e xa son 34.
- Taboada queda en 13.
- O Saviñao segue con 26 contaxios.
- Pantón rebaixa a 19, 4 menos.
- Pobra do Brollón segue con 15.
- Sober segue con 12 casos.