A primeira Foliada Guímara de 2025 será este sábado en Pacios de Veiga

Este sábado 10 de maio, o local social de Pacios de Veiga acolle a primeira Foliada Guímara de 2025.
As Foliadas Guímaras son unha iniciativa que impulsa o Concello da Pobra do Brollón co obxectivo de descentralizar a programación cultural dinamizando as distintas parroquias. Tamén se busca ofrecer un espazo no que o alumnado da Escola municipal de Música Samoeiro poida poñer en práctica o aprendido durante o curso.
A foliada de Pacios comezará ás 20.30 horas e estará amenizada pola agrupación Érbedo. Haberá barra e a Asociación Veciñal 'Arnado' de Pacios ofrecerá caldo, polo que dende a organización se pide levar cunca e culler.