A primeira edición do Festival Desenchufado de Garabelos acollerá diferentes actividades este domingo

RibeiraSacraXa
A primeira edición do Festival Desenchufado de Garabelos acollerá diferentes actividades este domingo 9 de xullo
nenos
8 Xul 2023

Este domingo, 9 de xullo, celébrase o primeiro Festival Desenchufado e camiñado na parroquia de Garabelos, en Chantada, a partir das 11.00 horas da mañá, comezando no Cinema Palleiriso.

As persoas interesadas en participar deberán levar o xantar, a merenda e a auga porque farán unha ruta "encantada" con Servando Barreiro e o proxecto Cé Orquestra, aínda que a xornada será presentada polo Carballo con Botas.

Ademais, durante o día haberá contacontos, poesía con Paco Ledo, música sen papeis con Aziz e Ayoub, malabares con Ramón Gato, música da orquestra forestal e vento aberto de libre expresión.

Festival desenchufado Chantada
0.092678070068359