A primeira edición da Quiroga Bike Marathon foi todo un éxito

Quiroga acolleu esta fin de semana a primeira edición da Quiroga Bike Marathon, unha proba de BTT de longa distancia que contou con 160 ciclistas inscritos. O evento estivo organizado pola área de Deportes do Concello de Quiroga, coa colaboración do Oroso Club Ciclista e Vitaldin Sport.
A proba contou con dúas modalidades: a Bike Marathon, de 45 quilómetros e 1.400 metros de desnivel positivo, e a Bike Extreme, de 67 quilómetros e 2.400 metros de desnivel. O percorrido levou aos corredores por lugares como As Eiras, Terras Negras, Reboledo, o Rego das Forcadiñas e o Alto do Boi, dentro do territorio do Xeoparque Montañas do Courel.
A organización, encabezada polo quirogués Celes González, agradeceu a colaboración de Protección Civil, Policía Local, voluntarios, veciños e acompañantes.